Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cómoda vitoria para o Chapela ante o Bueu e derrota da SAR na súa visita a Coia

RR_Noticias

O Construcciones Castro Chapela continúa sumando puntos e logo de vencer por 32 goles a 20 ao Serviauto Bueu sitúase no quinto posto da clasificación en Primeira Nacional. Peor lle foron as cousas aos da SAR que caeron no partido ante o Magope Seis do Nadal.

A vitoria do Chapela tivo un claro protagonista, o seu porteiro Dani que se dedicou a parar mentres os seus compañeiros se centraban no contraataque. Unha táctica que lles serviu para facerse coa vitoria no partido disputado no pavillón da parroquia de Chapela ante o Serviauto Bueu e que remataba co resultado de 32-20. Unha pista que na vindeira fin de semana volverá vivir outra cita co enfrontamento entre o Construcciones Castro e o OAR.
Pola súa banda o Magope Seis do Nadal impediu a vitoria da SAR a quen derrotaron con claridade, 28-20, no pavillón vigués de Coia. Os redondeláns, malia adiantarse no marcador, foron cedendo terreo co paso dos minutos chegando xa ao descanso cunha clara desvantaxe no marcador (16-8) que lles deixou pouca marxe para reaccionar. A SAR Plastic Omnium sitúase na sexta praza e teñen unha cita complicada na vindeira semana xa que malia xogar na casa reciben ao actual líder, o Luceros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará