Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela e Campito suman vitorias no fútbol sala

RR_Noticias

Os primeiros tres puntos para o Redondela FS chegaron esta fin de semana logo de vencer por 4-1 ao Cafetería Luar nun partido disputado na bomboneira. Contundente vitoria tamén para o Campito FS que vencía por 4-8 ao Mondariz. O vindeiro sábado terá lugar o primeiro derbi da tempada, un partido que se disputará entre os dous equipos locais no pavillón de Chapela.

O Redondela conseguía esta fin de semana sumar os seus primeiros puntos nesta igualada Liga Galega. Un encontro que tivo unha primeira parte cun dominio aplastante dos locais, agás nos últimos minutos, cando o gol de Joseillo provocaba que pouco antes do descanso os ponteareáns estiraran as liñas.
A segunda metade sería distinta, sobre todo cando nada máis sacar de centro Borja poñía o 2-0 no marcador. Ante este panorama os locais centráronse en intentar pasar o tempo. Joseillo volvería a marcar para dar tranquilidade aos seus co 3-0. A falla de dous minutos Juan introduciría o balón na súa portería cando os visitantes utilizaban a estratexia de porteiro xogador. Con cinco faltas cada un dos equipos e a falta dun minuto o Redondela disporía dun lanzamento de dez metros, que Juan convertía no definitivo 4-1.
Unha vitoria que malia todo ten un aspecto negativo xa que se producían novas lesións logo de que Portillo sufrise un pequeno esguince de nocello e Dani presentase un problema no abductor. Hoxe deberán solucionar o problema das baixass, xa que disputan o último partido de Copa Xunta a partir das 21:00 no Pavillón de Bembrive ante o titular do mesmo.
Na vindeira semana xoga o Redondela co outro equipo local, o Campito FS que esta fin de semana acadaba unha rotunda vitoria en Mondariz. Facíanse cos puntos en xogo cun contundente 4-8. O sábado día 4 os dous equipos medirán as súas forzas no pavillón de Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará