Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Fútbol Sala Campito estréase ao grande na Liga Autonómica diante do campión galego

RR_Noticias

O todopoderoso Talleres ABC Vigo será este sábado o primeiro rival do equipo de Chapela, recentemente ascendido á categoría autonómica. Os afeccionados ao fútbol sala tamén poderán gozar de interesantes derbis esta temporada co Redondela F.S. O primeiro será xa na terceira xornada, o día 4 de outubro.

Iago Fernández, presidente do club, lamenta que o partido co conxunto vigués chegue “tan cedo”, pero asegura que o equipo porá “toda a ilusión” no encontro, no que contarán co apoio dos seus seareiros, que foron “fundamentais” para acadar o ascenso. Outro dos alicientes desta liga autonómica serán os derbis locais co Redondela F.S., un dos equipos máis fortes do campionato é que para os de Chapela é “un referente”. Xa puideron medirse aos de Julio Mougán en pretemporada nun amigable, pero o próximo 4 de outubro será en competición oficial, en Chapela. O adestrador, Fran Amoedo, segue ultimando os detalles para o comezo da competición, e o gran problema están a ser as lesións. Con Yago xa recuperado seguen na enfermería: Varo, Borjita, Chamo e Miguel . Para suplir estas baixas o club tirará dos seus equipos filiais, con xogadores da canteira, que xa demostraron anteriores ocasións a súa entrega. Escolas Deportivas Por outra banda o club traballa xa nas Escolas de Fútbol Sala, nas que contan con rapaces e rapazas desde as categorías benxamín ata xuvenil. Con eles adestran no colexio de Cedeira e nalgúns centros de Vigo, aínda que os partidos oficiais dispútanos en Chapela e Reboreda.  

Iago Fernández presidente do club
No club lamenan que o enfrontamento co campión chegue tan cedo.
Campito F.S.-Redondela F.S.
Os afeccionados a este deporte gozarán dos derbis locais.
Castigados polas lesións
O equipo arranca a temporada con numerosas baixas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará