Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno debate hoxe a necesidade de construír unha rotonda no Alto dos Valos

RR_Noticias

A moción chega ao pleno municipal da man do Consello Parroquial de Saxamonde e solicita que os grupos políticos presentes na corporación poñan en marcha as xestións pertinentes para solicitar unha partida nos vindeiros Orzamentos Xerais do Estado para a construcción dunha rotonda no Alto dos Valos. Reclama tamén que o goberno municipal demande a Fomento e Deputación un acordo para a construcción de dita rotonda así como outras  melloras encamiñadas a incrementar a seguridade viaria no lugar. O pleno celebrarase ás 20:30 horas de hoxe martes.

O Altos dos Valos, lugar no que se produce o cruzamento de estradas N-550 e EP 2906, nos límites entre os concellos de Redondela, Pazos de Borbén e Mos é, segundo explican os veciños, un dos puntos negros da rede viaria da provincia, cunha intensidade media diaria que supera os 9.000 vehículos que realizan manobras que poñen en risco a seguridade de conductores e mesmo peóns. A instalación dun límite de velocidade de 50km/h, xunto a un radar, supón unha medida que só en parte mitiga a situación pero que non elimina unha perigosidade debido á confluenza de varias estradas de alta densidade. Ademais existe un importante número de vehículos pesados que a cotío atravesan o Alto dos Valos para circular en sentido Pontevedra, ou en sentido O Porriño/norte de Portugal.
As competencias sobre a estrada nacional recaen no ministerio de Fomento mentres a Deputación é quen ten as competencias sobre a estrada provincial. Por este motivo dende o consello parroquial de Saxamonde entenden que a solución máis viable do problema da seguridade viaria no Alto dos Valos pasa pola construcción dunha rotonda, unha obra que require a colaboración dos diferentes organismos competentes e que dende o Concello se lles presione para que negocien a construcción da rotonda.
Este será un dos asuntos que se debata no pleno que se celebra esta tarde ás 20:30 horas na Casa do Concello e na que se abordarán tamén cuestións como a reforma da lei electoral proposta polo PP. Dende PSOE e BNG presentan mocións en contra de dita proposta mentres os populares de Redondela reivindican a través tamén dunha moción que se debaterá hoxe “que o cabeza da lista máis votada sexa elixido alcalde”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará