Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Multiusos acolle un ciclo de cine etnográfico

RR_Noticias

A cooperativa Trespés organiza neste mes de setembro un ciclo de documentais coa proxección dos títulos “A ascensão de Santo Antão da Barca” de Fernando Bessa Barreiro o xoves 18 e “Por que non cantades todas” de Diana Toucedo o xoves 25. Ao rematar as proxeccións haberá unha charla coloquio. Unha actividades que terá lugar ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira con entrada de balde.

A primeira das proxeccións o xoves 18 mostrará o traballo do antropólogo Fernando Bessa Ribeiro “A ascensão de Santo Antão da Barca”. Este proxecto audiovisual está centrado no traslado do santuario de Santo Antão da Barca situado na rexión de Trás os Montes. Este santuario estaba afectado pola construción dun encoro. No marco deste proxecto desenvolveuse un proxecto de investigación social sobre memoria e a  relixiosidade no que participou a cooperativa Trespés e que elaborou entre outro material este documental. Ao rematar a proxección celebrarase unha charla coloquio centrada nos territorios e a relixiosidade que contará coa presenza de Carlos Rodríguez, párroco de Reboreda. O ciclo péchase o xoves 25 co documental “Por que non cantades todas” realizado no ano 2013 baixo a dirección de Diana Toucedo. Este traballo mostra un grupo de mulleres da aldea de Zobra na serra do Candán e a súa relación coa música no transcurso das súas vidas. O traballo pretende mostrar o papel das mulleres na transmisión da música tradicional e os contextos onde esta música estaba presente. O documental constrúe así unha narrativa colectiva sobre a música na vida destas mulleres do rural galego. Esta produción foi unha encomenda da Comunidade de Zobra a Trespés. A conversa neste día estará centrada na música tradicional e o papel das mulleres e contaremos coa presenza de Olga Nogueira, de ACENTRAL Folque. O audiovisual é un dos ámbitos de traballo desta cooperativa redondelá que está a traballar tamén noutro ambicioso proxecto audiovisual que leva por título “En todas as mans” e que esperan poder presentar ao público no inicio do vindeiro ano.  

Alberte Roman Trespés
O documental do día 18 foi rodado na rexión de Trás os Montes
Conversas
Despois de cada proxección haberá unha charla coloquio
Por que non cantades todas
Proxectarase o día 25

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará