Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco gaña o seu primeiro partido da temporada cunha goleada sobre o Areas

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes sacaron de enriba os malos pensamentos logo de tres xornadas sen anotar, e resarcíronse cunha vitoria por 4-0 diante do C.Areas. Os tres puntos sérvenlle para saír dos postos de descenso. O Choco B comezou tamén a liga de Segunda Autonómica cunha vitoria no campo do Pereiró (1-2).

Terceira División
Choco 4-0 C.Areas
Tres partidos sen gañar e, o que é máis grave, sen marcar, eran demasiados para o Choco. Onte souberon compensalo diante da súa afección en Santa Mariña cunha goleada sobre un feble Areas. O equipo de Jacobo Montes decantou cedo o partido. Ó cuarto de hora de encontro, Cortegoso recolleu un balón na súa área tras un saque do Areas. Sacou en longo, Pablo Piñeiro percorreu co balón toda a banda e preto da área puxo o centro para Aitor Gómez, que bateu a Adrián. Co marcador a favor, o Choco tratou de conservar a posesión ante os de Ponteareas, que non craron perigo en ataque. Antes do descanso chegou o segundo gol dos redondeláns. O lateral Carminatti penetrou polo seu carreiro ata as inmediacións da área e, nesta ocasión, o centro foi rematado por Hugo, e co 2-0 marcharon ao descanso. No segundo tempo o adestrador do Cultural Areas introduciu algúns cambios para crear máis perigo. Cuadrado e Mota saltaron o terreo de xogo para intentar mellorar a creación local, pero os seus plans non tiveron éxito. Logo chegou a expulsión de Campos tras ver dúas cartolinas amarelas. En tempo de prolongación chegou o gol de Silva de penalti e o último tanto de Hugo, produto dunha contra.
Choco: Cortegoso, Iago Vázquez, Saúl, Lucas, Carminati, Muíños, Pablo Piñeiro (Gonza,min 75), Comis, Róber (Fernando, min 66), Hugo, Aitor Gómez (Silva, min 51)
Cultural Areas: Adrián, Marcos, Cuba, Cañi, Campos, Jesús, Manu, Alberto (Cadrado, min 46), Félix (Mota, min 46), Fonseca, José Areas (Couso, min 84)
Goles: 1-0, min 15: Aitor Gómez; 2-0, min 37: Hugo; 3-0, min 90: Silva, de penalti; 4-0, min 92: Hugo.
Árbitro: David Igrexas Melón. Amoestou a Hugo do Choco e a Jesús e Mota do Cultural Areas e expulsou a Campos por dobre cartolina no minuto 58.
Campo: Santa Mariña.
Na próxima xornada o Choco xogará no campo do Boiro, que acumula catro empates nas catro xornadas de Liga.
Segunda Autonómica
Pereiró 1-2 Choco B
O filial do Choco estrouse cunha vitoria na Liga de Sengunda Autonómica. Fíxoo diante do Pereiró nun encontro no que foron superiores ao equipo vigués. Os tres puntos levan aos redondeláns a ocupar a 3ª praza da táboa. A próxima xornada recibirán en Redondela ao Sta. Mariña, os de Cabral están na metade da clasificación logo de empatar na primeira xornada co A Guía.
Vilaboa 2-1 Arcade
O Arcade comezou a liga cunha derrota en Vilaboa que leva aos de Soutomaior á metade baixa da táboa. A próxima fin de semana recibirán no seu campo ao Bamio, que comezou a temporada cunha vitoria sobre Mosteiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará