Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha oficina asesora aos veciños como aforrar na factura da luz

RR_Noticias

Os consumidores interesados en recibir un asesoramento personalizado poden achegarse ata o vindeiro 31 de outubro á oficina que funciona en horario de 10:00 a 14:00 horas no Multiusos da Xunqueira a ser posible cun histórico das facturas do último ano. Os técnicos informaranlle de como interpretar ditas facturas e dos posibles aforros que poderían obter dependendo da súa situación e contrato. Pódese pedir cita previa no teléfono 986 122984.

Os consumidores teñen experimentado nos últimos tempos un incremento notable nas súas facturas eléctricas. Incrementos en moitos casos debidos á un aumentos xeral no prezo da electricidade pero tamén a que somos vítimas de practicas “enganosas” das propias compañías eléctricas que levan a moitos usuarios a acabar no mercado libre (máis caro que o mercado regulado) ou a ter unha potencia contratada moito maior da necesaria. No canto de facilitar a estes consumidores que poidan aforrar ademais de aprenderlles a interpretar correctamente ditas facturas, a Unión de Consumidores de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra teñen en marcha un servizo de asesoramento e información individualizado dirixido a persoas usuarias de electricidade a través de dez oficinas comarcais en distintas localidades da provincia. O cometido destas oficinas é proporcionar asesoramento e información sobre os dereitos dos usuarios de electricidade en materia de contratación, facturación e aforro ofrecéndolles en concreto asesoramento sobre as consultas e dúbidas na factura eléctrica, información sobre as opcións para contratar electricidade e as distintas tarifas, comparación dos prezos do mercado libre e o regulado e asesoramento na escolla da mellor opción que permita un aforro na factura. Os usuarios recibirán unha comparativa individualizada con distintas opcións de mercado e cun asesoramento personalizado que lle permitirá aforros de ata 200 euros anuais. As persoas interesadas, veciños de Redondela, Soutomaior, Fornelos ou Pazos, poden achegarse á oficina que se atopa no segundo andar do Multiusos en horario de 10:00 a 14:00 horas ou chamar para pedir cita ao teléfono 986 122984.  

Dolores Chpaela coordinadora da campaña
Un asesoramento personalizado
Aforros de ata 200 euros anuais
Reducir a potencia contratada ou cambiarse ao mercado regulado poden supoñer aforros
Prácticas abusivas
Algunhas compañías están realizando practicas fraudulentas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará