Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Asaltan a punta de pistola a gasolineira de Rande

RR_Noticias

O atraco produciuse sobre a unha do mediodía de onte domingo cando os dous atracadores chegaron ao establecemento en moto e cos rostros cubertos para evitar seren identificados. Un atraco a plena luz do día e no que os asaltantes non dubidaron en enfrontarse aos usuarios do establecemento. Ademais dos cartos da caixa rexistradora os ladróns fixéronse tamén con aproximadamente uns 500 euros dun vendedor da Once que foi agredido.

Dous encarapuchados armados foron os autores do roubo que se producía no mediodía de onte na gasolineira de Rande. Un asalto a plena luz do día no que os asaltantes amedrentaron aos usuarios e traballadores do establecemento ameazándoos con pistolas. Ademais dos cartos da caixa rexistradora do propio establecemento, roubaron tamén os cartos que levaba un vendedor da Once, unha cantidade que podería roldar os 500 euros. Unha patrulla da Policía Nacional e outra da Local acudiron ao lugar dos feitos para iniciar a investigación. Os asaltantes non puideron ser identificados ao levar o seu rostro cuberto. Do mesmo xeito a matrícula da moto na que accederon ao lugar e que foi gravada polas cámaras de seguridade comprobouse que pertencía a outro vehículo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará