Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Derrota do Redondela ante o Leis de Pontevedra na Copa Xunta

RR_Noticias

O partido disputado esta fin de semana entre o Redondela FS e o Leis rematou cun resultado de 0-3. Malia ese marcador os xogadores de Julio Mougán puxeron en apertos aos pontevedreses, principalmente na primeira parte do encontro no que o partido se caracterizou pola alternancia no xogo e as posibilidades para ambos equipos.

Un comezo espectacular para os redondeláns que no inicio do choque puxeron en apertos aos xogadores do Leis. Os de Pontevedra acudían o choque con moitas baixas, xogadores importantes que ao final foron determinantes para que no cómputo global, o Redondela salvo no marcador final, adquirira méritos para ser protagonista do encontro.
Tras perder o primeiro encontro de Copa Xunta, ao Redondela só lle valía a victoria, e dende o inicio saíron a buscala, incluso na primeira metade. A falta de oito minutos, xa apostaban pola figura de porteiro xogador, táctica que volverían usar durante a segunda metade.
A so nove minutos do final unha boa xogada do Leis daba como resultado ó 0-1, para catro minutos máis tarde, practicamente pechando o choque, chegara o segundo tanto visitante. Anecdótico sería xa o terceiro gol a falta de 6 décimas para o remate e que deixaba o definitivo 0-3 no luminoso.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará