Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un recital poético e unha performance clausuran o Artelixo

RR_Noticias

A particular exposición que estes días se pode ver polas rúas, prazas e comercios de Redondela chega ao seu remate cunha nova edición do Parnalixo, un recital poético en torno ao refugallo no que participan autores de toda Galicia. A cita literaria é na rúa Meixón Frío o sábado 13 a partir das 19:00 horas. No mesmo escenario ás 17:00 horas, terá lugar a performance “O trasno do lixo”.

O Artelixo, un evento que naceu nos noventa como medida de protesta contra un vertedoiro, retomou a súa actividade dous anos atrás da man do colectivo SenGhasoil e este ano reuniu un total de 44 obras que estes días pódense ver exportas nas prazas e rúas do centro da vila así como nos escaparates de 17 comercios colaboradores.
Un certame que chega ao seu remate este sábado con actividades de clausura que arrancarán ás cinco da tarde cunha performance para dar paso, dúas horas despois a un recital poético que leva por nome “Parnalixo” e que se vai desenvolver na praza de Meixón Frío.
Ata o seu remate poderemos seguir achegándonos a esas obras elaboradas por persoas particulares pero tamén por colectivos como os maiores do Centro de Día Arela, o Centro lenda, a Asociación Doa ou AER entre outros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará