Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Folclore, deporte e mercado na IV Festa Popular Froles Mareliñas en Chapela

RR_Noticias

Fomentar a convivencia entre os veciños e ofrecer unha xornada de actividades variadas é o obxectivo da asociación Froles Mareliñas que organizan este sábado a IV festa popular que terá lugar na Alameda de Chapela e que inclúe citas deportivas e musicais. Haberá tamén un mercado no que poden participar os artesáns que o desexen poñéndose en contacto previamente coa organización no enderezo www.frolesmarelinas.com. Os veciños poden colaborar doando artigos de segunda man en bo estado.

Unha festa popular que a asociación organiza por cuarto ano consecutivo e que arrancará na mañá do sábado 13 con competición deportivas e coa presentación do equipo sénior de Construcciones Castro-balonmán Chapela e a celebración de xogos populares. Pola tarde terá lugar o festival folclórico coa actuación dos grupos Lembranzas da Ría de Cangas, a escola de baile e pandeireta Froles Mareliñas, as pandereteiras As Ondiñas de Mendo do Eirado de Salvaterra e o grupo de coros e danzas Nuestra Señora Del Prado de Ciudad Real. Unhas actuacións musicais que rematarán cas música de Ludovaina. Paralelamente celebrarse un mercadiño de segunda man no que se porán á venda artigos e produtos doados polos veciños, quen tamén poden colaborar con empanadas ou sobremesas caseiras. Ademais os artesáns que estean interesados en poñer un posto de venda poden contactar coa organización a través do correo electrónico frolesmarelinas@hotmail.es ou no teléfono 661536145  

Victor Castro presidente Froles Mareliñas
Unha festa da amizade
Programa
A música e o folclore teñen unha presenza salientable
Mercadiño
Produtos de artesanía e tamén produtos de segunda man

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará