Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Italiano para nenos na Biblioteca de Redondela co curso Ciao Bambini!

RR_Noticias

A Biblioteca Municipal e a Fundación Filomena Rivero Alonso poñen en marcha a programación do último trimestre do ano con Ciao bambini! un curso de iniciación á lingua e á cultura italianas dirixido a nenos de 6 a 9 anos e impartido pola profesora de italiano, Maika Alonso. En Chapela o día 25 deste mes impartirase un obradoiro de ilustración a cargo de Noemí López.

O curso desenvolverase na Sala infantil da Biblioteca Municipal, de 18:00 a 19:30 h., os días 3, 7, 10, 14 e 17 de outubro. Unha actividade gratuíta para a cal é preciso inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 986 40 15 61. Ciao bambini! conta coa colaboración do ENIT – Italian State Tourist Board e de El Patito Editorial Está tamén aberto o prazo de inscrición para participar nun obradoiro de ilustración que terá lugar o xoves 25 na biblioteca de Chapela a cargo da ilustradora Noemí López baixo o nome “Contando con imaxe”. A actividade terá lugar o día 25 ás 18:30 horas e, aínda que é de balde, participar nela precisa inscrición previa porque as prazas son limitadas. Os requisitos para participar e ter máis de seis anos e ser socio das bibliotecas municipais. Os interesados deben inscribirse na propia biblioteca, no número 986 45 42 26 ou a través do correo electrónico bibliotecachapela@redondela.es  

Mª Elena Becerra responsable da biblioteca
Fálanos do curso de italiano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará