Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Redondela, Pazos e Soutomaior comparten un “armario social”

RR_Noticias

Un ropeiro aberto aos veciños das tres localidades no que os interesados poderán doar prendas de roupa e calzado en bo estado e que xa non usen, unhas prendas que estarán a disposición daqueles que o precisen. Este armario social recolle e reparte tamén xoguetes para nenos de todas as idades e electrodomésticos. Os interesados en colaborar ou recibir información poden poñerse en contacto no teléfono 986 497 035 e a través dos servizos sociais dos respectivos concellos.

O Concello de Pazos de Borbén ten chegado a un acordo con Redondela e Soutomaior para que os seus veciños poidan colaborar e aproveitarse do seu “armario social”.
Un ropeiro no que hai prendas de todo tipo para home, muller, nenos e bebés, todas elas en bo estado e algunhas incluso sen estrear.
Ademais de roupa este ropeiro dispón tamén de pequenos electrodomésticos como cafeteiras ou calefactores así como outros tipos de enseres domésticos e xoguetes para nenos de todas as idades.
Toda a roupa é lavada e preparada para a súa entrega polos voluntarios que xestionan o armario.
As solicitudes para poder acceder a este servizo debe facerse a través do departamento de servizos sociais de cada concello para asegurar que a roupa chega ás persoas que de verdade o necesitan.
Os interesados en colaborar ou recibir máis información poden facelo no número de teléfono 986 497 035 así como a través dos servizos sociais dos respectivos concellos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará