Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castro Chapela prepara o regreso á Primeira Nacional co obxectivo de xogar o ascenso

RR_Noticias

Logo dunha experiencia na División de Honra Prata que no club cualifican de “inxusta”, o Balonmán Castro Chapela volve á Primeira Estatal “con toda a ilusión do mundo” e co obxectivo de acabar a liga nas prazas que dan dereito a disputar o sector de ascenso.

O presidente, Manuel González Soto, lamenta que algunhas decisións arbitrais e tamén organizativas da Federación prexudicasen ao equipo de Chapela, pero mirar cara adiante. “O pasado pasado está”, afirma Soto, que agora quere mirar cara adiante co ilusión para buscar de novo unha praza que lles permita xogar de novo a fase de ascenso. O equipo reforzouse para cubrir as baixas dos porteiros Celti e Toño, e serán os gardametas Suso Soliño e Dani González os que defendan as cores do Castro Chapela na temporada 2014-2015. Tamén se incorporan xogadores como Carrera, Escudero, Paco López (procedende de Asobal), Coque Fontenla e Sío. A liga, que arranca o 20 de setembro, comezará para os de Fran Teixeira no Rosal, diante do Acanor At. Novás, un dos rivais máis duros da competición. Derbi Castro Chapela-SAR Plastic Omnium O que si gañan os afeccionados ao balonmán deste municipio é o regreso dos derbis locais entre o Castro Chapela e a SAR Plastic Omnium. Os dous equipos redondeláns volven coincidir na categoría, aínda que o primeiro dos duelos non se disputará ata o 6 de decembro en Redondela, na xornada 12º, case ao final da primeira volta. O partido de volta será o 11 de abril en Chapela. Campaña de abonados O club ten en marcha tamén a súa campaña de abonados para a temporada 2015-2015. Os prezos varían desde os 25 euros para os socios Junior (ata os 25 anos) ata os 100 euros do bono familiar (para tres persoas). O abono masculino custa 50 euros e o feminino 40, o mesmo que para os xubilados.  

Manuel González Soto presidente
Acadar a fase de ascenso é o obxectivo do equipo para esta temporada.
Derbi Castro Chapela-SAR Plastic Omnium
Os afeccionados de Redondela volverán gozar dos derbis entre os dous equipos locais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará