Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andaina entrega os seus premios coa satisfacción de contar cun local social en Redondela

RR_Noticias

A Asociación Andaina de persoas con necesidades especiais ten xa un local de referencia para todos os socios e veciños na rúa Telmo Bernárdez nº 11. Logo da súa inauguración na pasada fin de semana teñen en marcha xa novas actividades. A máis inmediata será a celebración da II gala dos premios Andaina con actuacións de Tanxarina e a música do grupo igualarte, este sábado no Multiusos da Xunqueira ás 20:00 horas.

Logo de tres anos loitando por conseguir un local no que desenvolver o seu traballo, a Asociación Andaina ven de cumprir o seu soño coa inauguración da súa sede na rúa Telmo Bernárdez. Un logro que se fixo posible grazas principalmente ás colaboración particulares. O obxectivo agora é que este local se converta nun referente para todas aquelas familias con fillos que sofren algunha discapacidade ou enfermidade de baixa prevalencia, para que teñan un lugar de referencia ao que acudir ao tempo que serva para impartir terapias que a asociación ofrece aos seus socios. Coa satisfacción de “seguir dando pasos” na boa dirección este sábado convocan aos veciños a participar da gala que vai ter lugar no Multiusos da Xunqueira e na que se entregarán os premios aos gañadores do concurso infantil de debuxo así como a unha entidade local que está a colaborar de xeito especial coa asociación. Un acto aberto que contará coa actuación de Tanxarina, a proxección da curtametraxe “El amor a los 20 años” de Javier Rodríguez Espinosa e a actuación do grupo de música moderna Igualarte. Unha gala conducida por Nelson Quinteiro.  

Antonio García presidente de Andaina
Un dos obxectivos dende o inicio era contar cunha sede
Recibir as familias
Ademais sde ser un lugar no que recibir as familas permitirá realizar moitas máis actividades
II Gala de Andaina
A entrega de premios terá lugar o sábado 13

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará