Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Operativo especial de tráfico pola Volta Ciclista a España

RR_Noticias

O percorrido da etapa número 19 da Volta Ciclista a España o vindeiro venres 12 de setembro supón un operativo especial de tráfico encargado de controlar a seguridade dos participantes na proba deportiva. Así, esta previsto que se peche ao tráfico a Avenida de Vigo ao seu paso por Chapela aproximadamente ás 15:15 horas mentres que no Casco urbano pecharanse as rúas quince minutos despois. Segundo as previsións que manexan os organizadores, os corredores pasarán pola parroquia de Chapela ás 16:26 e polo centro da vila ás 16:37.

Os ciclistas procedentes de Vigo entrarán en Chapela pola Avenida de Vigo para unha vez en Redondela percorrer as rúas José Regojo e Xeneral Rubín con saída en dirección Pontevedra pola N-550. Cruzarán Arcade aproximadamente ás 16:51 horas (horarios que pode variar dependendo da velocidade da carreira).
A chegada desta etapa da Volta ao noso concello provocará o corte do tráfico en todo o percorrido co fin de garantir a seguridade dos participantes na proba deportiva, espectadores e ciclistas. O corte será aproximadamente dende unha hora antes da chegada dos ciclistas ás rúas de Redondela. Unha vez pasen os corredores está previsto que se restableza o tráfico.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará