Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A comarca rexistra máis mortes que nacementos

RR_Noticias

Soutomaior é un dos 15 concellos galegos con máis nacementos que defuncións, malia todo, ese dato non compensa o saldo vexetativo negativo que experimentan os concellos de Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes. Na comarca faleceron 448 persoas e contabilizáronse tan só 309 nacementos. En toda a provincia de Pontevedra son tan só 5 concellos os que presentan un saldo positivo: a propia capital da provincia, Ponteareas, Porriño, Salceda de Caselas e Soutomaior. Na comunidade 300 concellos rexistran máis mortes que nacementos.

Galicia continúa perdendo poboación. Os datos correspondentes ao 2013 deixan un saldo vexetativo negativo, con 10.560 persoas menos segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística. O ano pasado naceron preto de vinte mil nenos na comunidade (19.726 nenos) mentres que faleceron 30.195 persoas.
A declive demográfica a penas ten excepcións e a análise polo miúdo reflicte que en 300 concellos de toda a comunidade morren máis persoas das que nacen. Unha situación que se repite tamén na nosa comarca con excepción de Soutomaior, único concello da nosa contorna no que nacen máis nenos, un total de 77, fronte a 48 defuncións rexistradas. Un balance positivo que non logra compensar a situación que se vive no resto da comarca. En Redondela foron 208 os nenos nacidos no 2013, ano no que faleceron 237 persoas. En Pazos de Borbén houbo 37 defuncións fronte a 20 nacementos e máis preocupante é a situación no concello de Fornelos de Montes, municipio no que hai rexistrados 26 falecementos e tan só 4 nacementos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará