Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un cento de operarios traballarán na limpeza e acondicionamento do Camiño Portugués

RR_Noticias

A estes traballos de limpeza e acondicionamento sumaranse outras actuacións máis complexas para mellorar a seguridade e facilitar o tránsito dos peregrinos. Estas labores realizaranse no treito do tramo que atravesa a provincia de Pontevedra, segundo anunciou o presidente da Deputación.

Os traballos comezan o luns, e está previsto que no prazo de seis meses todo o percorrido do camiño pola provincia de Pontevedra estea en perfectas condicións de limpeza. Rafael Louzán destacou que se trata tan só dunha das partes do proxecto conxunto que a Deputación, os 12 Concellos da ruta e a Xunta de Galicia están a levar a cabo para “a consolidación definitiva” dunha ruta que realizan milleiros de persoas cada ano. Estas obras incluirían a construción dalgunha ponte de madeira en lugares de especial dificultade de tránsito nos meses de choiva, a aplicación de zahorra ou o empedrado dalgúns puntos ou a sinalización, entre outras. Os traballos realizaranse nos concellos de Tui, O Porriño, Mos, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas de Reis, Valga e Pontecesures, e os operarios distribuiranse en función do número de quilómetros que haxa que cubrir en cada concello. Todos os traballos se realizarán seguindo a delimitación do trazado na que traballa a Dirección Xeral de Patrimonio, co obxectivo de “respectar a ruta orixinal” e contribuír a consolidación da mesma.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará