Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anova Redondela apela á esquerda redondelá para forman unha candidatura única ás municipais

RR_Noticias

A asemblea de Anova Redondela apoia o manifesto Somos Maioría e supedita a presentación de candidatura propia á conformación dunha Candidatura de Unidade Cidadá en Redondela nas eleccións municipais de maio 2015.

A través dun comunicado, Anova Redondela anima á sociedade e a outras organizacións políticas locais da esquerda a iniciar un proceso aberto, en liña co movemento cidadán Somos Maioría. Propoñen a confluencia para a creación dunha candidatura cidadá para as eleccións locais “que poida derrotar á dereita e as súas políticas antisociais contra a maioría da poboación”. Anova Redondela entende que existe “unha maioría social”, e que é posible artellar un programa común que “canalice as enerxías da sociedade para a solución dos problemas colectivos”. Buscan así, ao igual que Somos Maioría, unha candidatura “de unidade cidadá, plural e participativa”, cun programa común “en defensa do dereito a decidir do pobo galego e dos dereitos sociais”. Por iso apelamos “á reflexión” conxunta da veciñanza e da esquerda redondelá para construír ese proceso “canto antes”, unha candidatura e un programa de acción “creado directamente pola propia cidadanía”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará