Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O S.D. Chapela xoga a semifinal da Copa Galicia Feminina diante do BM. Seis do Nadal

RR_Noticias

As redondelás xogarán mañá sábado no Pavillón Municipal de Chapela a eliminatoria da competición autonómica diante das xogadoras viguesas. Será ás 19.00 horas. A outra semifinal xógase hoxe no Porriño co duelo fraticida Porriño B- Porriño A.

Non houbo sorpresas na categoría feminina e os equipos favoritos avanzaron ata as semifinais. Hoxe venres, ás 20:15, no Pavillón Municipal do Porriño, xogarase a primeira semifinal entre os dos equipos do clube da Louriña. A segunda semifinal será entre o SD. Chapela e o Seis Do Nadal, mañá sábado 30 de agosto (19:00) no Pavillón de Chapela. Os equipos gañadores de cada eliminatoria disputarán a final o domingo en Tui (12:30 horas).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará