Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Noite da Lúa Meiga volve ao Viso cunha programación “da terra” e para todos os públicos

RR_Noticias

Este sábado celébrase a XIII edición do festival, no Miradoiro do Monte do Outeiro Grande. Haberá actividades ao longo de todo o día. Comezarán as 11.00 horas co percorrido dos “Meighachimpíns” e a música. Logo xantar popular, xogos, contacontos, espectáculos familiares e os concertos de Cantares de Brión, A Requinta da Laxeira, Fiandola, Os Melidaos e Tanto Nos Ten.

O Monte Outeiro Grande será o marco de todas as actividades, un enclave único na bisbarra cunhas espectaculares vistas panorámicas sobre a Enseada de San Simón e toda a Ría de Vigo. Josinho da Teixeira, un dos organizadores, explica que teñen preparada “unha xornada de actividades continuadas para todo tipo de públicos”. Comezarán ás 11:15 horas coa concentración de chimpíns decorados no Monte da Gándara para logo percorrer a parroquia ata o Miradoiro do monte Outeiro Grande. A continuación haberá xantar popular, acompañado cunha “sesión vermú” a cargo da Requinta da Laxeira. A partir das 16:00 horas continuarán as actividades con xogos tradicionais para os cativos, o contacontos Codia e Miolo e o espectáculo de humor e malabares “Peor Imposible” de Peter Punk. De seguido, e sen tempo para o descanso, comezarán os concertos. Desde as 20.00 horas actuarán Cantares do Brión, A Requinta da Laxeira, Fiandola, Os Melidaos e Tanto Nos Ten. Trátase dunha programación “100% galega”, con artistas da terra, ” adicados á difusión da cultura musical tradicional do país”. Unha proposta coa que queren chegar “a todo tipo de públicos” nun enclave natural que vivirá a música e baile “en todos os recunchos”.  

Josinho da Teixeira da organización
O festival ofrece actividades ao longo de todo o día no marcho inccomparable do Monte Outeiro Grande.
Actividades para todos os públicos
A programación é 100% galega e inclúe actividades para todos os públicos sen esquecerse dos nenos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará