Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 25.000 persoas ateigan Redondela no Entroido de Verán máis festeiro

RR_Noticias

Vinte horas de festa se interrupción transformaron Redondela na capital da festa. Desde as 12.00 do mediodía do sábado ata primeiras horas da mañá do domingo a vila transformouse para dar cabida a milleiros de persoas en busca de diversión. Na Gala Drag Queen, que celebrou a súa cuarta edición, o vigués Iacobo Gómez “J”, alzouse co primeiro premio.

As actividades para os máis pequenos foron as protagonistas da mañá, con animación e música polas rúas e prazas da vila, que fixeron que Redondela fora un fervedoiro de xente durante toda a xornada, que incluíu a Gala Drag Queen e a actuación da ex Operación Triunfo Soraya. Desde romanos ata hawaianos, pasando por roqueiros, trogloditas, superheroes e un sinfín de disfraces ateigaron as rúas. O Entroido de Verán foi un ano máis unha multitudinaria festa, na que destacou a Gala Drag Queen. Foron dez as drags que se subiron ao escenario, tanto de Redondela como dee Pontevedra, Vigo e outros puntos da provincia. Impúxose o vigués “J”, Jacobo Gómez, gañador tamén na edición de 2012, que levou os 900 euros do primeiro premio. O segundo e terceiro posto foron para “Stacy Love”, Javier A. Pérez, e e “Ge Drag”, Gerardo Arias, con premios de 400 e 200 euros, respectivamente.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará