Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 600 afeccionados ao motor encheron as rúas de Arcade na III Xuntanza Moteira

RR_Noticias

Centos de persoas encheron o sábado o peirao de Arcade para participar no evento organizado polo Motoclub Os Pejos, en colaboración co Concello de Soutomaior. A xornada contou coa participación de pilotos chegados de toda España, e non faltaron as tradicionais demostracións e un festival de música rock.

O encontro comezou pola mañá coa acollida dos primeiros moteiros chegados desde diversos recunchos de España. Pola tarde disputouse a primeira das exhibicións da tarde, o Drift, unha disciplina na que o importante é derrapar o máximo tempo posible, e na que un experto fixo as delicias do público con toda unha demostración de habilidade. Logo comezou a clásica ruta moteira polas estradas da comarca. Un traxecto que levou ao pelotón a través de Pazos de Borbén, Fornelos de Montes e Pontecaldelas, onde o grupo realizou unha parada na Carballeira de A Chan para gozar dun petisco para repor forzas. Ao redor das 19:00 horas o pelotón regresou ao peirao de Arcade para continuar coa celebración. Despois duns breves instantes para recuperar o alento, comezou a segunda das demostracións do día, a exhibición Stunt. De man do afamado experto portugués Acuko, as máis de 800 persoas que enchían nese momentos a explanda do peirao gozaron dunha hora chea de derrapes, equilibrios e trucos. A quenda da música chegou co festival Motor Metal Fest. Un espectáculo de rock que contou coa participación do grupo local Druídas, que regresou a casa ao grande despois da xira de presentación do seu último álbum “Contra vento e marea”. En plena xira tamén se atopa o cantante Pancho Brea, que presentou en Arcade o seu disco “Recordos de onte”. Desde Sevilla chegou a banda de metal Vehemencia, que xunto aos tudenses Ulf, completaron unha noite de rock que se alargou até a madrugada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará