Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela Fútbol Sala xogará a Copa Xunta no grupo do Bembrive, Leis e Talleres ABC Vigo

RR_Noticias

A Federación Galega de Fútbol Sala decidiu que o Redondela F.S. se encadre esta temporada entre os mellores doce equipos da comunidade galega, xa que os pupilos de Julio Mougán disputarán a Copa Xunta. O primeiro partido será o 6 de setembro en Vigo. Antes teñen varios amigables, o primeiro este sábado en Redondela diante o Campito.

Xoga a Copa Xunta era un dos obxectivos deportivos da liga pasada, e os redondeláns pelexaron ata a última xornada polo segundo posto que daba praza para esta competición. Finalmente remataron a liga terceiros, empatados a puntos co segundo clasificado. Con todo, segundo explica Julio Mougán, a renuncia do Mos fixo posible que o club faga realidade este soño. CD Mosteiro Bembrive, Leis Pontevedra, ambos equipos de 2ªB, e Talleres ABC Vigo (campión Liga Galega) serán os rivais. O formato será liguilla a unha volta, clasificándose para a segunda fase os dous primeiros. Por outro lado, o equipo xa se atopa inmerso na pretemporada, logo das primeiras sesión de traballo. Mañá sábado xogarán un amigable co Campito FS, equipo de Chapela co que logo de ascender á Liga Autonómica van protagonizar interesantes derbis. Outras citas serán co SD Pazos FS (mércores 27 de agosto en Pazos de Borbén, 21:00), co Bahiña FS (sábado 30 de agosto en Baiona, 19:00), e logo comezará a Copa Xunta co Talleres ABC Vigo, o 6 de setembro nas Travesas, 17:00). Co Leis Pontevedra (sábado 13 de setembro en Redondela, 16:30) e co CD Mosteiro Bembrive (luns 29 de setembro en Bembrive).  

Julio Mougán adestrador
Poder disputar a Copa Xunta é un agasallo para o equipo.
Redondela F.S.-Campito F.S.
O amigable deste sábado será un anticipo dos derbis que xogarán os dous equipos esta temporada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará