Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE demanda a regulación do tráfico no cruce das Cardosas cun paso de peóns

RR_Noticias

O grupo municipal socialista lembra que na N-550 está realizada a preinstalación dunha rede semafórica, e demanda que o goberno municipal actúe na zona, onde se rexistran numerosas peticións da veciñanza e do grupo municipal socialista para mellorar a seguridade.

O PSOE redondelán demanda ao alcalde Javier Bas que “xestione a regulación do cruce das Cardosas coa N-550, coa instalación dun semáforo na zona e un paso de peóns para que os veciños poidan cruzar con seguridade unha estrada de tres carrís”, indicou o secretario local, Leonardo Cabaleiro. O concelleiro socialista engadiu que “recibimos numerosas queixas de veciños do lugar
e tamén de cidadáns de Redondela que transitan co seu vehículo”, debido a que “é un punto perigoso”. Advirten que pola rúa das Cardosas acceden un bo número de vehículos á estrada nas dúas direccións, polo que constitúe “un punto de risco”. Lembran que no lugar xa está feita a preinstalación para unha rede semafórica, e denuncian que o actual goberno “non tivo a capacidade para xestionar esta infraestrutura co Ministerio de Fomento”, que é o responsable desta estrada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará