Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Catro imputados en Soutomaior por causar danos en varios coches en Fornelos de Montes

RR_Noticias

Os vehículos tiñan arrincados os retrovisores, as defensas e presentaba golpes en diferentes lugares. Os imputados son catro mozos de Soutomaior , acusados por un delito de danos a tres vehículos nas proximidades do pavillón de deportes de Fornelos de Montes.

Os implicados son P.L., de 27 anos, C.J.L.P. de 26, D.G.A. de 22 e J.M.C.P. De 29. A Garda Civil recibiu a denuncia o pasado día 12. Aos vehículos arrincáranlles as defensas e os retrovisores e presentaban golpes en diferentes partes das carrozarías. Por todo iso iniciáronse as investigacións, que deron como resultado a localización e imputación dos catro presuntos autores.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará