Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns elixen a tenda Info-Coste como o mellor local da campaña Máis que comercio!

RR_Noticias

Os veciños envorcáronse coa campaña, que rexistrou 14.500 votacións polos establecementos da localidade. A campaña, que repartiu máis de 3.000€ en premios durante o mes de xuño en 114 comercios da localidade, foi clausurada pola Directora Xeral de Comercio Sol Vázquez Abeal.

Ademais do presidente da Asociación de Empresarios de Redondela, Fernando Sampil, ao acto tamén asistiron Ana Alonso, concelleira de Desenvolvemento Local; Erminda Quelle, concelleira de Participación Cidadá e Mercados e Camilo Guinarte en representación de Abanca que colaborou cos premios en metálico da campaña Máis que comercio! A tenda de informática Info-Coste, dedicada a venda e reparación de equipamento informático, recibiu o recoñecemento ao establecemento máis votado pola clientela. Sol Vázquez entregou o diploma ao establecemento nun acto no que tamén se entregaron os agasallos aos clientes gañadores. A responsable de Comercio destacou o obxectivo desta campaña para resaltar os valores do comercio de proximidade, como son “a calidade, o trato ao cliente e a variedade”. A iniciativa da Consellería de Economía e Industria, que en Redondela rexistrou máis de 14.500 participantes, percorrerá Galicia durante todo o ano nas localidades con centros comerciais abertos. A responsable de Comercio resaltou o impulso ao asociacionismo “como un dos eixos da estratexia específica da Consellería de Economía e Industria para apoiar o comercio de proximidade”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará