Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia irresponsabilidade por parte do goberno local no caso de Arealonga

RR_Noticias

Desde o Bloque acusan á concellería de Medio Ambiente de “xogar coa saúde pública” mantendo a bandeira verde na praia ata que a Asociación de Veciños denunciou esta situación anómala, dado que a deficiente calidade das augas desaconsella o baño neste areal.

As recentes informacións sobre a calidade das augas da praia de Arealonga de Chapela, confirman, para o BNG, a “despreocupación” do goberno municipal de Redondela pola saúde pública. Para o edil Xoán Carlos González “é unha nova mostra de que se poñen os intereses do goberno por riba dos de os veciños”. O grupo nacionalista denuncia que teña que ser “tras as denuncias da asociación veciñal cando o Concello adoite as medidas informativas axeitadas”. Para Xoán Carlos González, se a fonte de contaminación está na EDAR de Teis, a Xunta de Galicia fai “deixadez de funcións e xoga coa saúde dos bañistas”. En caso de que a orixe estea en verquidos aos regatos, o Concello é “o primeiro responsable por non telos controlados”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará