Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Maxia, deporte e clásicos do motor danse cita esta fin de semana en Arcade

RR_Noticias

Os veciños de Soutomaior e bisbarra poderán gozar esta fin de semana dun amplo e variado programa de actividades. Hoxe venres o protagonista será o ilusionista Chrystian Magic, no edificio multiusos. O sábado pola tarde celebrarase a esperada Festa da Bicicleta mentres que o domingo terá lugar a Concentración de Seat 600 no Peirao de Arcade.

Os espectáculo de hoxe, que estaba previsto facer na Alameda de Talo Río, será trasladado ao edificio multiusos de Arcade, por mor da chuvia. Será ás 21.00 horas co espectáculo “A casiña da maxia na rúa”. Unha actuación para toda a familia chea de sorpresas e humor. Para os amantes do deporte celébrase o sábado, a partir das 19:00 horas, a Festa da Bicicleta, outro dos eventos máis esperados polos nenos todos os anos. Co Peirao de Arcade como punto de encontro e saída, os asistentes gozarán dun relaxado paseo polo interior do municipio co pavillón da Montesiña como destino inicial. Unha vez alí gozarán dun pequeno descanso e unhas bebidas coas que recuperar forzas para a viaxe de volta. Para os máis pequenos habilitarase un circuíto pechado no Peirao no que poderán practicar deporte e xogar cos seus amigos. O domingo, a partir das 11:00 horas, terá lugar o tradicional encontro entre afeccionados ao Seat 600, no Peirao. Unha cita que alcanza este ano a súa vixésima edición e converteuse nun auténtico referente nacional para os amantes deste clásico das nosas estradas. Ducias de 600 volverán encher as rúas de Arcade no seu tradicional percorrido até o peirao.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará