Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Viso celebra a terceira edición da Festa do Polbo

RR_Noticias

Este domingo, día 10 de agosto, A Teixeira vaise converter na capital gastronómica da bisbarra, coa súa III Festa do Polbo. Comezarán ás 11.00 horas coa degustación de produtos na carpa, xa que ademais do prezado cefalópodo, a organización ofrece tamén churrasco e chourizos a prezos populares.

As racións de polbo venderanse a 8 euros, os criollos a 2 euros e o churrasco a 5 euros. Prezos económicos que tamén se trasladan ás bebidas, co viño albariño ou tinto a 5 euros a botella. Desde a comisión de festas Mario Otero convida a todos os veciños da bisbarra á achegarse a esta festa, que malia celebrarse desde hai só tres anos, conta xa cun nutrido grupo de seguidores. A cita será no torreiro da Gándara, cunha ampla carpa para protexer aos asistentes das inclemencias meteorolóxicas. O recinto conta ademais cunha ampla zona de aparcadoiro no campo de fútbol anexo.    

Mario Otero da Comisión de Festas
A organización convida a todos os veciños a achegare ao torreiro da Gándara para participar na festa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará