Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música en galego con Xoán Eiriz na Xunqueira

RR_Noticias

O artista coruñés presenta mañá venres en Redondela o seu último traballo, Desde as cordas do meu corazón, o número trece da súa longa carreira musical. A cita é ás 20.00 horas no Multiusos da Xunqueira e as entradas custan 10 euros, aínda que serán de balde para os menores de 18 anos. Radio Redondela sortea tamén 5 entradas entre os seus oíntes.

Con trinta anos de carreira musical ás súas costas, Xoán Eiriz actúa mañá venres por primeira vez en Redondela. O seu último traballo recolle 18 temas de estilos variados, e que foron elixidos polos seus seguidores nas redes sociais. Un disco “ecléctico” no que podemos atopar desde cancións populares da tradición galega ata versións de clásicos como Hallelujah de Leonard Cohen ou My way, que interpretaron artistas como Frank Sinatra ou Elvis Presley. O obxectivo de Eiriz é demostrar que en lingua galega “pode interpretarse calquera estilo musical”, e que o idioma do país non está limitado á musica tradicional galega, senón que está aberto a calquera tipo de expresión artística, tamén a dos grandes clásicos da música universal. Por iso no concerto de mañá poderán escoitarse temas como Quen poidera namorala, ou o Alalá das mariñas, pero tamén a versión galega de Always on my mind ou María a portuguesa. Sorteo de Entradas Radio Redondela sortea 5 entradas para este concerto entre todos os oíntes que se poñan en contacto coa emisora. Poden facelo no teléfono 986.400.300, ou a través do enderezo electrónico radioredondela@hotmail.com.  

Xoán Eiriz cantante
O artista interpreta na lingua do país tanto temas da tradición galega como clásicos da música universal.
Concerto con sorpresas
Nos concertos de Eiriz o público de todas as idades corea os temas de diferentes estilos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará