Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Construcións Castro Chapela refórzase co obxectivo de volver á División de Honra Prata

RR_Noticias

O club redondelán tivo que agardar ata o último momento para coñecer en que categoría ía xogar, pero malia todo conseguiu artellar un equipo moi competitivo con fichaxes como Coque Fontenla, Paco López, Suso Soliño e Miguel Sío. O club confía en facer unha boa temporada e, cando menos, xogar a fase de ascenso.

O presidente do club, Manuel González Soto, lamenta a xestión da Federación de Balonmán, que permitiu a varios equipos regularizar a súa situación fóra do prazo establecido, o que impide aos de Chapela volver á División de Honra Prata logo dun descenso marcado polas irregularidades no play-off. Con todo, o cadro ás ordes de Fran Teixeira reforzouse con xogadores como Coque, con máis de dez anos de experiencia na Asobal. O equipo contará tamén con outros xogadores de Asobal como Paco López, o veterano porteiro Suso Soliño, ou o redondelán Miguel Sío. Estes nomes veñen a cubrir as importantes baixas o equipo, do que saíron por diferentes motivos Pablo Vidal, Toño Lafuente , Marco, Óscar e Celti. Soto confía en que o novo equipo poida devolver ao Castro Chapela á División de Honra Prata, aínda que será preciso un proceso de adaptación para as novas fichaxes. No grupo do Castro Chapela tamén está o redondelá SAR, aínda que para Soto os rivais a bater serán o Rosal e o Cisne, que pelexarán polo ascenso.  

Manuel González Soto presidente
No club confían en regresar á División de Honra Prata grazas aos novos reforzos do equipo.
Rivais a bater
Aposta porque Castro Chapela Rosal e Cisne serán os equipos máis fortes da liga.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará