Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente organiza esta sábado unha ruta desde o Concello ata a praia de Cesantes

RR_Noticias

O Concello celebra cunha serie de actividades medioambientais a obtención da Bandeira Azul na praia de Cesantes. Este sábado 9 de agosto dará comezo a primeira das rutas, entre o centro urbano de Redondela e a praia de Cesantes, que fora anulada o pasado 2 de agosto por mor das chuvias.

As rutas guiadas por naturalistas comezarán o sábado 9 de agosto e están pensadas para todos os públicos. A ruta escollida para este día parte da Casa do Concello de Redondela e chega ata a praia de Cesantes, e de novo regreso ao Concello. Son algo máis de oito quilómetros por espazos naturais de moito interese, con paradas explicativas sobre elementos da fauna e flora da zona. Posteriormente, o 23 de agosto, tamén sábado, organízase outra ruta de ida e volta dende a praia de Cesantes ata o Espazo da Rede Natura de Soutoxusto. Como finalización do programa, na mañá do sábado 6 de setembro levarase a cabo un percorrido de ida e volta polo río Maceiras, con saída dende a Casa do Concello. Para máis información pódese contactar coa Oficina de Medio Ambiente do Concello de Redondela 986 400 300 ou a través de correo electrónico: medioambiente@concelloderedondela.es. A información tamén estará visible na páxina web do Concello de Redondela.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará