Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anova Redondela reclama a anulación do regulamento polo que se readmitiu a 18 militantes

RR_Noticias

A asemblea de Anova de Redondela acusa ao coordinador nacional da formación, Martiño Noriega, de modificar os estatutos “á carta” logo de aprobar un regulamento que “incumpre deliberadamente” as normas do propio partido.

Anova de Redondela, a través dun comunicado, lembra que o pasado 12 de xullo aprobouse un regulamento para a II Asemblea Nacional polo que se incorpora como afiliados de pleno dereito aos 18 militantes expulsados no municipio redondelán tras constituír “unha asemblea paralela e usurpar os perfís públicos da organización”. Desde o partido en Redondela manifestan non aceptar “estados de excepción”, e reclaman que “a radicalidad democrática” que Anova di defender se asuma tamén “de portas para dentro”. Demandan “un respecto escrupuloso” polas normas das que a militancia se dota, insisten, para requirir a anulación do citado regulamento. Os feitos aos que se refiren, que cualifican de “suma gravidade e contrarios á democracia horizontal que Anova asume como principio fundacional”, derivaron en dous expedientes que resolveu a Comisión de Ética e Garantías. Deste xeito, argumentan que se Noriega “actúa contra os propios estatutos” da formación, esta tería “unha falta grave de democracia interna” e o alcalde de Teo “non podería soster o seu discurso político”. Por isto, a asemblea de Anova Redondela reclama a anulación do regulamento aprobado na Coordinadora Nacional o pasado día 12 de xullo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará