Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O campión do Mundo Gómez Noya proclámase vencedor da I Travesía a Nado Son Simón

RR_Noticias

A Asociación Deportiva CAR superou as mellores expectativas nesta primeira edición da travesía a nado pola enseada de San Simón, cubrindo en tempo marca todas as inscricións. En total foron 150 participantes entre os que se atopaban nomes como o do campión do Mundo galego xunto con outros nomes de relevancia no triatlón internacional como Antonio Serrat, Ricardo Hernández, Fernando Alarza, as irmás Camila e Melina Alonso e o chileno Vicente Trewhela, entre outros.

O presidente da Asociación Deportiva CAR, Fracisco Otero, non agocha a súa satisfacción polo éxito da primeira edición desta proba, e confesa que será “moi complicado” volver reunir a nomes tan destacados do deporte a nivel internacional nas sucesivas edicións desta travesía. Do que si está segura é que haberá unha II Travesía a Nado en San Simón, xa que se trata dun espazo natural único e cun percorrido “asequible” para deportistas de diferentes idades, polo que se fai unha proba “moi atractiva”. Proba diso foron os 150 participantes que se inscribiron en tan só unhas horas para participar, cubrindo todas as prazas dispoñibles nun tempo marca. Na proba, de 1.500 metros de percorrido a nado, os participantes rodearon a illa de San Simón, pasando por baixo da ponte que a une coa de San Antón. Podiun Masculino da I Travesía a Nado Son Simón 1 Javier Gomez Noya 2 Henry Schoeman 3 Pablo Dapena Podiun Feminino da I Travesía a Nado Son Simón 1 Anneke Jenkins 2 Ana Perez 3 Melina Alonso  

Francisco Otero presidente do CAR
A primeira edición da travesía a nado superou as previsións máis optimistas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará