Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Inchables e diversión con espuma para todos na Festa da Familia de Arcade

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior organiza mañá martes a Festa da Familia, con actividades para rapaces de todas as idades. Comezarán ás 17:00 horas no Peirao de Arcade con inchables que estarán distribuídos en grupos de idades, festa da espuma e xogos con pompas de xabón xigantes. Os participantes poderán degustar tamén unha “merenda saudable”.

A concelleira de Cultura, Dolores Cernadas, anima a todos os veciños que participan desta xornada festiva na contorna do peirao, un espazo aberto ao público de todas as idades con entrada libre. As actividades continuarán en Soutomaior o mércores día 6 cos actos de San Salvador cunha misa e procesión a partir das 20:00 horas, que contará coa actuación da Banda de Música Cultural de Arcade. O xoves día 7 celebran San Caetano, con actividades de carácter relixioso que arrancarán ás 9:00 cunha misa na igrexa do municipio e a posterior procesión ata o Castelo. Na súa capela celebraranse misas ás 10:30 e 12:00 e a actuación do Grupo Folclórico de Soutomaior. O venres, día 8 será a quenda da maxia. A Alameda de Talo Río en Arcade acollerá o espectáculo A casiña da maxia na rúa, a cargo de Cristian Magic. Unha actividade para todos os público ás 21:00 horas. A semana de actividades rematará en Soutomaior coa Festa da Bicicleta, será o sábado día 9 con saída ás 19.00 horas. Unha actividade para todas as idades con agasallos e sorteos entre os participantes.  

Dolores Cernadas edil de Cultura
Desde o Concello animan a todas as familias a achegarse ao Peirao de Arcade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará