Hoxe é Xoves 25 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de Novas Tecnoloxías e Fotografía nas Aulas Cemit de Redondela e Chapela

RR_Noticias

A Concellaría de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela vai poñer en marcha no último semestre do ano un proxecto que inclúe distintas actividades para dinamizar as Aulas Cemit que posúe, unha sita en Redondela e outra sita en Chapela.

En agosto poñeranse en marcha dous cursos de Iniciación Informática para nenos, un para nenos de 6-9 anos e outro para os de 10-12 anos. De luns a xoves 9:30 a 11:30 e de 11:30 a 13:30 horas respectivamente, do 11 ao 21 agosto, na aula Cemit de Redondela e na aula Cemit de Chapela. Tamén un curso de Manexo da Cámara Fotográfica, do 19 ao 21 de agosto de 18:30 a 21:30 horas na Aula de Chapela, e outro do 26 ao 28 de agosto de 18:30 a 21:30 horas na Aula de Redondela. Son cursos gratuitos e as persoas interesadas poderán descargar a solicitude da páxina web do Concello no apartado “Descarga de Modelos”, recollela no Centro de Formación Municipal A Marisma (ao lado da piscina) ou nos Servizos Sociais de Chapela (nos baixos do pavillón) e teñen ata o día 6 de agosto para presentala no rexistro do concello. Para máis información poden chamar ao teléfono 986402664.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará