Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O 13 de Abril e o 4 de Xuño festivos locais no 2015

RR_Noticias

Un ano máis non houbo unanimidade na elección dos dous festivos locais para o vindeiro ano, xa que tanto AER como BNG presentaron propostas alternativas. Con todo o acordo entre PP e PSOE neste asunto fixo posible que saíra adiante a proposta do goberno municipal que mantén como festivos o luns do Cristo, que se celebra o 13 de abril e o Xoves do Corpus, que no 2015 cae no 4 de xuño.

Non houbo discusión en canto á festividade do Xoves da Coca, non así no caso do Luns do Cristo que non contou co apoio nin dos nacionalistas nin da Agrupación de Electores. Este últimos presentaron un ano máis un festivo alternativo: o Martes de entroido. Ao entender de AER o masivo seguimento desta celebración en Redondela nunha xornada onde se contan por centos o número de veciños que participan durante todo o día das tradicionais comidas do carnaval así como das diferentes actividades que se organizan por parte de Cultura, xustificaría trasladar a esa data o festivo local. Tampouco o BNG coincidiu cos populares e solicitaron que o segundo dos festivos locais fose o 24 de xuño para permitir así a celebración da noite de San Xoán, unha data con moito arraigo en Redondela e cunha importantes tradición cultural, en palabras do edil Xoán Carlos González. Propostas que non contaron co apoio suficiente como para saír adiante o que mantén os festivos locais no Luns do Cristo que no vindeiro ano se celebra o 13 de abril e no Xoves do Corpus, o 4 de xuño.  

Alfonso Blanco AER
A súa proposa pasa por substituir o Luns do Cristo polo martes de Entroido
Xoan Carlos González BNG
Os nacionalistas defenden o festivo no San Xoán pola súa tradición cultural

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará