Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello axilizará os trámites para o traspaso da Casa do Mar

RR_Noticias

O pleno redondelán aprobou por unanimidade que se axilicen as xestión para a cesión dos locais da Casa do Mar, propiedade do Instituto Social da Mariña, para que nas súas instalacións se instale un comedor escolar e se desenvolvan actividades de contido educativo ou de interese social.

Os catro grupos con representación na corporación muncipal déronlle o seu visto e prace a moción presentada polo BNG, na que solicitan ao o alcalde de Redondela, Javier Bas, que continúe coas xestións para a cesión dos locais da Casa do Mar, que se dote a estas instalacións de contido social e educativo e que se faga coa máxima brevidade posible. Moción que foi debatida no pleno extraordinario celebrado este xoves, que arrancaba cun minuto de silenzo pola morte de Sara Pereira esta semana a mans da súa parella en Nespereira O nacionalista Xoán Carlos González subliñaba que se trata dun “espazo infrautilizado” que dende que a Confraría de Mariñeiros e Pescadores de Cesantes deixou as súas dependencias só está sendo empregado pola policía, polo que “debe ser posto ao servizo dos cidadáns dada a escaseza de instalacións públicas cos que conta Redondela para que os colectivos e organizacións desenvolvan as súas actividades”. Opinión que comparten dende o grupo socialista, Eduardo Reguera, destacaba a “situación ideal” da que goza a Casa do Mar e a ampla zona de aparcadoiros da que dispón nas súas proximidades o que a converte nun espazo idóneo para o uso público e a instalación dun comedor escolar. Os populares, malia apoiar a moción, fan fincapé en que os trámites para a cesión do edificio situado en Santa Mariña, xa comezaron en 2012 coas solicitudes feitas a Facenda e a Tesourería Xeral da Seguridade Social para que estas instalacións puidesen acoller un comedor escolar e actividades formativas e educativas pero, Teresa París subliñaba, que o proceso aínda está en tramitación. Os nacionalistas recrimínanlle ao goberno que en preto de dous anos non conseguise a cesión do espazo e que non presionase o suficiente ás administracións competentes. Unha moción, que saía adiante cos votos a favor do PP, PSOE, BNG e AER, pola cal o alcalde de Redondela se compromete a continuar coas xestións pertinentes para a cesión ao Concello dos locais da Casa do Mar coa maior celeridade posible.  

Xoán Carlos González BNG
Os nacionalistas consideran que a Casa do Mar está infrautilizada e débe dárselle contido social e educativo
Teresa París PP
A edil explica que o concello xa fixo todos os trámites posibles
Eduardo Reguera PSOE
Os sociales apoian a moción e destacan a boa localización da Casa do Mar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará