Hoxe é Domingo 10 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

I Shopping Night do comercio local con descontos de ata o 70%

RR_Noticias

En total serán máis de 30 establecementos do casco urbano os que participen desta actividade organizada pola Asociación de Empresarios e que se vai desenvolver na noite do venres, cando estes comercios, que abrirán as súas portas ata a unha da madrugada, ofrecerán aos seus clientes interesantes descontos e actividades variadas.

Esta primeira edición, que se fará coincidindo co XV Festival Internacional de Artistas de Rúa, contará con descontos que poderán ser nalgúns casos de ata o 70%, pero non só haberá descontos, o Comercio de Redondela, ofrecera música con DJ´s nos establecementos e nas rúas, demostracións de novas tecnoloxías, avances da nova tempada, cócteles, aperitivos e unha gran variedade de actividades dentro dos propios establecementos comerciais. O presidente da asociación engadía que dende o colectivo búscase “crear sinerxías e aproveitar a programación cultural do concello para dinamizar outros sectores”. Así, esta iniciativa nace coa idea de prolongarse no tempo e que sexa unha actividade paralela ao Festival aproveitando a presenza de público na rúa. En total máis de 30 locais, principalmente moda e calzado, así como tendas especializadas en produtos de agasallo. Un evento que organiza a Asociación  facilitando aos negocios participantes unha decoración e un ambiente diferente, pero no que cada participante propón tamén a súa actividade concreta e diferenciada.  

Fernando Sampil Asociación Empresarios
A shopping night convida aos veciños a se achegar ás tendas en horario noturno
Descontos e actividades
Son máis de 30 os locais participantes nesta primeria ediión
Javier Bas alcalde
Aproveitar as sinerxias

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará