Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian atrasos de ata dous meses para recibir atención nos servizos sociais de Chapela

RR_Noticias

O grupo municipal socialista asegura que os demandantes dos servizos sociais en Chapela teñen que esperar máis de dous meses para seren atendidos por primeira vez. “Na actualidade, se un veciño demanda atención, o seu caso non será escoitado ata finais do mes de setembro ou no mes de outubro” así o afirma a socialista Digna Rivas.
 

O PSdeG-PSOE de Redondela amosa a súa preocupación pola xestión que está a facer o goberno municipal dos servizos sociais e que “entre as moitas deficiencias, está a prolongada espera que soportan os demandantes deste servizos na parroquia de Chapela”. Aseguran que para seren atendidos, os usuarios teñen que esperar máis de dous meses algo que entende especialmente preocupante por tratarse nalgúns casos de veciños que se atopan en situación límite. Engade a edil socialista Digna Rivas que isto supón que os prazos se disparen á hora de atopar unha solución aos problemas destes usuarios.
Afirman tamén no PSOE que o goberno local é conscientes desta problemática e culpabilizan da situación á concelleira Teresa París “por ter unha visión dos servizos sociais que se resume á esmorga, á caridade, e á beneficencia. Isto non outorga igualdade de dereito ós cidadáns e que atenta contra a definición mesma do Estado de Benestar”. Acusan á edil de “utilizar ós veciños de Redondela con criterios mercantilistas, o que mostra unha visión clasista e retródoga dos servizos socias, en palabras de Digna Rivas.
A espera para os demandantes dos servizos sociais de Chapela non é a única carencia que denuncian os socialistas quen engaden que “ano tras anos as bases das axudas para o comedor escolar saen con meses de atraso, moitas das partidas destinadas ós veciños máis necesitados non se executan e o centro de día de Cesantes continúa sen funcionar”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará