Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival de Artistas de Rúa despraza parte dos seus espectáculos ao Multiusos pola chuvia

RR_Noticias

O mal tempo confírmase e finalmente a Concellería de Cultura decidiu trasladar parte da programación enmarcada dentro do programa do XV Festival Internacional de Artistas de Rúa ao Multiusos da Xunqueira. Uns cambios de ubicación que afectan principalmente aos espectáculos do sábado, mentres que hoxe venres se mantén a actividade na Alameda agás a obra Ao ritmo da maxia ás 23:00 horas que se desenvolverá no Multiusos. Por motivos de organización será necesario retirar unha entrada gratuíta ata completar o aforo.

O showman cubano Raul Martínez será o  encargado de iniciar as actividades hoxe vneres ás 20:00 horas, para dar paso sucesivamente ao Circo Chosco e á maxia de Cayetano Lledó. Paralelamente os rapaces poderán participar na ludoteca A Casa dos xogos ou marabillarse coas posturas imposibles dos Xemelgos de Pompeia, chegados dende Arxentina.
O espectáculo circense Ao ritmo da maxia da compañía Fusionarte será o encargado de pechar a xornada ás 23:00 horas no Multiusos.
O sábado as actividades arrancarán tamén ás oito da tarde cos Xemelgos de Pompeia, as mesas de maxia e os xogos tradicionais nos baixos dos Multiusos.
Entre as nove e as once haberá tamén actividades no Auditorio con Rudy Dudy, Antuan de la Cream e Raúl Martínez.
Nesta decimo quinta edición o broche de outro correrá a cargo de dúas actividades musicais e paralelas que terán lugar na praza da Casa do Concello co folk das Suripantas e coa Banda de música artística de Arcade na praza da Casa da Torre na medianoite do sábado sempre e cando o tempo o o permita.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará