Hoxe é Domingo 25 de Setembro de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Taponan as filtracións de augas residuais no Alvedosa

RR_Noticias

A empresa concesionaria do mantemento da rede municipal de saneamento ven de eliminar un vertido de augas residuais urbanas que se estaba a producir no río Alvedosa no entorno da rúa Xoán Manuel Pereira. O vertido producíase por existiren filtracións nun colector de saneamento. Logo de proceder a taponar a canalización nos lugares problemáticos constátase que os vertidos foron eliminados.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de comprobar a emenda dunha vertedura de augas residuais urbanas (ARU) ao río Alvedosa no entorno da rúa Xoán Manuel Pereira.
Ditos puntos de vertido foron detectados polo persoal dependente do ente autonómico do Plan de Control de Vertidos (PCV) de Augas de Galicia tras recibir unha alerta do Servizo de Emerxencias 112 dun vertido de augas residuais urbanas cara ao río Alvedosa. Durante as inspeccións de seguimento detectouse a existencia de dous puntos de vertido de auga residual cara ao medio receptor, correspondentes a filtracións procedentes do colector de saneamento que discorre pola marxe do río.
Logo de comunicar dita problemática ao Concello de Redondela, déuselle traslado da incidencia á empresa concesionaria do mantemento da rede municipal de saneamento, a cal realizou unha actuación no colector que presentaba as filtracións co obxecto de taponalas.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará