Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mecos faise coa II bandeira de traíñas de Cesantes

RR_Noticias

Mecos foi o gran vencedor na regata celebrada o sábado en Cesantes e na que os anfitrións entraron no último posto. Situación complicada para os de Cesantes que se atopan no sétimo posto da clasificación xeral na Liga galega B. Tampouco remontan os remeiros de Chapela que logo da competición da fin de semana con dúas citas en Vilaxoán e Mugardos son os pechacancelas na división A da liga galega.

Tempo espléndido pero vento incómodo o que acompañou ás embarcacións que esta fin de semana participaron na II bandeira CCD Cesantes de traíñas correspondente á división B da liga galega. Mecos foi o gran vencedor dunha proba moi competida e que deixa a clasificación xeral moi apertada nos seus primeiros postos, con Mecos como líder, pero seguidos de Perillo e Coruxo a tan só catro puntos. Os remeiros de Cesantes nada puideron facer malia xogar na casa e ocupan agora a sétima posición na clasificación xeral.
Peor lle van as cousas aos de Chapela que está a pagar este ano de transición e pecharon a regata de onte en Mugardos na última posición o que os sitúa no último posto na Liga galega A.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará