Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fútbol praia a ritmo de música electrónica no Festival Son Simón

RR_Noticias

A praia de Cesantes acolle esta fin de semana a primeira edición do Festival Son Simón organizado por un grupo de mozos que, en colaboración co Concello e diferentes casa comerciais, queren ofrecer “unha fin de semana deportiva e cultural” Soará música electrónica en horario nocturno -con Mwëslee como cabeza de cartel- e durante o día as actividades centraranse nos partidos de fútbol praia.

Música e deporte van da man na I edición do Festival Son Simón que organiza unha asociación cultural do mesmo nome. Un grupo de amigos que decidiron poñer en marcha estas actividades que se van desenvolver os días 2 e 3 de agosto na praia da Punta en Cesantes con música electrónica a cargo de Ga Groove Amigos, Rodri Vegas, Pablo Rodríguez, Adrián Rodríguez e como cabeza de cartel Mwëslee, un dos nomes máis respectados da electrónica e o hip hop nacional que ven de actuar no Sonar. Dende a organización Fran Figueroa presentaba o festival e salientaba tamén a coincidencia desta 1º edición coa recentemente adquirida bandeira azul para Cesantes. Pola súa banda, Alex González era o encargado de animar aos veciños a participar na cita deportiva, un torneo de fútbol praia con premios de 600 €, 200 € e 100 € para os tres primeiros clasificados, sempre e cando se inscriban un mínimo de 24 equipos. Un campionato mixto no que poderán participar xogadores a partir dos 16 anos de idade e cuxa inscrición ten un prezo de 80 €. Un evento que conta co patrocinio do concello e particularmente da concellería de deportes. O seu responsable Jesús Crespo, anima a participar en calquera dos deportes que xa se adoitan practicar neste entórnoa, moito deles vencellados directamente coas actividades náuticas pero que neste caso abordan outras modalidades. Entende importante que os organizadores deste tipo de festivais decidan unir deporte e música nun mesmo evento.  

Fran Figueroa Son Simón
Explica en que consiste o festival
Alex González Son Simón
Fala das actividades deportivas
Jes´su Crespo concelleiro de deportes
Aplaude a iniciativa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará