Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unanimidade comarcal contra a reforma dos partidos xudiciais que tramita Gallardón

RR_Noticias

Os concellos de Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes amosaron onte o seu rexeitamento ao proxecto de reforma da planta xudicial que tramita o goberno por entender que se trata dunha “lei inxusta, que dificulta o acceso dos veciños á xustiza e que supón un empobrecemento dun servizo básico”.

Entre as razóns esgrimidas para solicitar que “o Ministerio de Xustiza paralice a reforma da planta xudicial e realice un estudio pormenorizado do mapa xudicial apuntan as características propias da nosa comunidade en xeral e da nosa bisbarra en particular. Insisten en que Galicia e a provincia de Pontevedra, con dúas grandes cidades, teñen unha configuración poboacional e de núcleos de asentamento territorial que as distingue fronte a outras comunidades e provincias do Estado. Apuntan tamén que o Proxecto de Reforma da Planta Xudicial suporía, de modificarse o actual mapa de partidos xudiciais “un prexuizo evidente a vista do indubidable efecto vertebrador que a actividade Xudicial implica nas zonas onde se desenvolve actualmente”. Por ese motivo entenden que  é necesario dar marcha atrás na reforma propostas por Gallardón e realizar un estudo no que se teña en conta as opinións dos concellos e das institucións e entidades de todo tipo, e que desemboque nunha Lei acorde coa realidade, coa particularidade e co futuro da nosa provincia” O partido xudicial de Redondela é un dos 45 nos que se divide Galicia e atende aos veciños de toda a comarca, que no caso de saír adiante a reforma desaparecería co prexuizo evidente que suporía para os veciños ao teren que desprazarse a Pontevedra para acceder a un servizo básico como é a xustiza.  

Agustín Reguera alcalde de Soutomaior
Explica os motivos que os levan a secundar esta proposta conxunta
Javier Bas alcalde Redondela
Unha iniciativa comarcal que prretende facer máis forza contra a reforma xudicial

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará