Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A orquestra Panorama actúa nas Festas do Carme de Chapela grazas a un benefactor anónimo

RR_Noticias

A programación que se vai desenvolver dende o sábado 26 ata o luns 28 e que contará como colofón das festas coa actuación da orquestra Panorama.foi posible grazas á unha achega anónima. Así o asegura o presidente da comisión de festas, Manuel Rodríguez quen lamenta que sen ese benefactor non sería posible contar cunha orquestra de primeiro nivel. Unhas festas que contará tamén con inchables para os máis pequenos e coa tradicional tirada de fogos de artificio.

Os actos comezarán o sábado ás dez e media da mañá cos pasarrúas a cargo do grupo Froles Mareliñas e os Terribles de O Porriño. Unha música que seguirá soando tamén pola tarde nas rúas da parroquia para dar paso xa en horario nocturno á verbena amenizada polas orquestra Jerusalén e Paraíso. O domingo, día grande das festas, a procesión sairá ao mediodía dende a capela da estación coa imaxe da Virxe do Carme. A partir das 20:30 o grupo de baile Anaquiños fará unha exhibición e a continuación a verbena estará amenizada pola orquestra Xacobeo. Nesa xornada terá lugar tamén a gran tirada de fogos de artificio. O último día de festas, o luns 28, a xornada contará con pasarrúas a cargo da charanga Aire de Galicia e ás 11:30 está previstas a procesión dende o recinto da festas ate a capela da estación, onde quedará novamente a imaxe. O peche do programa correrá a cargo das orquestra Panorama e Manila.  

Manuel Rodríguez Comisión de festas
O presidente da comisión prefire manter no anonimato o nome da persoa que fixo unha importante achega económica

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará