Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A pista da Xunqueira acolle o sábado a festa de clausura do Mundialito

RR_Noticias

Logo de practicamente un mes de fútbol, a XL edición do Mundialito da Xunqueira chegará ao seu remate este sábado, data na que está previsto que se celebre unha gran festa do deporte coa final do torneo e a entrega de trofeos. Na xornada de hoxe xoves terán lugar os partidos correspondentes a semifinais.

Esta tarde a partir das 21:00 horas está previsto que arranque o primeiro dos encontros que enfrontará aos equipos O Chusco D,Guay-Celtic Luada. A continuación mediarán as súas forzas os xogadores de Rodavigo e Amigos del Balón. Os catro equipos teñen como obxectivo chegar á final que terá lugar o vindeiro sábado, xornada na que se celebrará a clausura dun campionato que celebrou este ano a súa corenta edición coa participación dun total de 24 equipos.  

Julio Mougán Redondela F.S.
A final vivirase o sábado 26 e a continuación terá lugar a entrega de trofeos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará