Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de Alberto Vilas Quinteto e Riobó na praza da Casa da Torre

RR_Noticias

O pianista e compositor redondelán acompañado pola súa banda presenta o seu segundo traballo que leva pro título “Crónica Cromática” nun concerto que terá lugar ás 22:30 horas o venres 25 na praza da Casa da Torre. Unha actividade organizada pola Concellería de cultura e enmarcada dentro da programación de verán.

A música de jazz será a protagonista no festivo do 25 en Redondela cun concerto de balde a cargo de Alberto Vilas Quinteto. O redondelá acompañado de Rosolino Marinello no saxo, Felipe Villar na guitarra, Juansy Santomé no contrabaixo e Javier Barral na batería presentarán o seu segundo traballo “Crónica Cromática”. Unha actividade na praza da Casa da Tore que o sábado volverá encherse de música con Begoña Riobó, a violinista con maior proxección no panorama musical galego. “Riobó” é o nome do grupo de Begoña, e tamén o título do seu primeiro traballo discográfico, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe. Acompañando a Begoña, en “Riobó” atópanse catro recoñecidos músicos cunha sólida traxectoria, habituais nos principais proxectos musicais de Galicia. Son Fernando Barroso (Guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzouki), e Fernando Pérez (Frautas e requinta).  

Julio Alonso edil de Cultura
O Concelleiro fala do conero do venres

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará