Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O equipo feminino do Choco abandona o club por “sertirse desprezado” pola Directiva

RR_Noticias

As xogadoras, adestrador e delegado do Choco Feminino que milita na 1ª división galega de fútbol feminino, anuncian a súa decisión de abandonar o Club Deportivo Choco ante “o desprezo deportivo ao que fomos sometidas pola actual Xunta Directiva”. Aseguran que as condicións económicas que lles impón o club son “inasumibles para unha deportistas novas”.

Acusan a Xunta Directiva de “alardear da súa boa xestión económica pechando o ano cun superávit de 6.200 euros” mentres nos obrigan a descender de categoría “por ter un déficit de 3.000 euros ao ano sen ter en conta a parte proporcional das subvencións procedentes do Concello, Deputación e Xunta que nos corresponderían”. Explican que non só teñen que pagarse a roupa deportiva senón “incluso a mutualidade de accidentes deportivos”. Critican ademais que ante o esforzo económico enorme que as administracións fan para dotar a este club dunha instalación para o seu uso exclusivo e de primeiro nivel “a súa resposta antes estes investimentos sexa a de recortar o nivel do club poñendo unhas condicións para poder xogar inaccesibles para o equipo feminino”. Pregúntanse tamén a onde van parar as subvención “si a filosofía do club é que cada equipo debe ser autosuficiente”. Conclúen que ante esta situación a única alternativa que lles queda é abandonar o Club e “intentar seguir coa nosa paixón polo fútbol en calquera outros sitio”.  

Paula Campo xogadora
Asegura que a única saída que lles queda é abandonar o CD Choco
Déficit de 3.000 euros
Critican o proceder da Xunta Directiva
Subvencións
Un Club que recibe moito das administracións pero que non o estaría a trasladar aos equipos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará